Con 110 licencias e 5 equipos en categorías élite, o clube recibirá unha achega de 15.000 €
A alcaldesa do Porriño, Eva García, en presenza do concelleiro delegado de Deportes, David Alonso, asinou este mediodía o contrato de patrocinio do Concello do Porriño co club ciclista Master da Louriña, representado polo seu presidente, Juan José Alvarez Cerdeira.
A achega municipal será de 15.000 € para esta entidade deportiva, que conta con 110 licenzas para esta tempada.
O club Master da Louriña mantén 5 equipos en categorías elite e sub 23 masculino e feminino: en alevíns femininos, na categoría máster (veteranos) e a nova formación de “mountainbike” para categoría BTT-XCO.
Esta campaña competirá baixo a denominación “La Sal Cocinas Louriña”, despois do acordo con esa firma, como principal patrocinador privado.
A escuadra porriñesa dispón entre os seus principais baluartes con Aida Valiño, Uxía Fernández, Carla Guisande, Elsa Pena; entre os nomes masculinos destacados, con Gustavo Rodríguez e Anxo Lorenzo.
Na recente presentación do equipo para esta tempada, o presidente do Master da Louriña subliñou o acordo alcanzado co Centro de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, para incorporar ao equipo xuvenil feminino, a cinco das mozas que se forman neste centro de alto rendemento. Entre elas a triatleta porriñesa, Carla Guisande.
Neste ano 2021, o Concello do Porriño adica un total de 476.000 € en subvencións aos principais clubs do municipio.