Redacción 25/02/2021

Con 110 licencias e 5 equipos en categorías élite, o clube recibirá unha achega de 15.000 €

 

A alcaldesa do Porriño, Eva García, en presenza do concelleiro delegado de Deportes, David Alonso, asinou este mediodía o contrato de patrocinio do Concello do Porriño co club ciclista Master da Louriña, representado polo seu presidente, Juan José Alvarez Cerdeira.

A achega municipal será de 15.000 € para esta entidade deportiva, que conta con 110 licenzas para esta tempada.

O club Master da Louriña mantén 5 equipos en categorías elite e sub 23 masculino e feminino: en alevíns femininos, na categoría máster (veteranos) e a nova formación de “mountainbike” para categoría BTT-XCO.

Esta campaña competirá baixo a denominación “La Sal Cocinas Louriña”, despois do acordo con esa firma, como principal patrocinador privado.

A escuadra porriñesa dispón entre os seus principais baluartes con Aida Valiño, Uxía Fernández, Carla Guisande, Elsa Pena; entre os nomes masculinos destacados, con Gustavo Rodríguez e Anxo Lorenzo.

Na recente presentación do equipo para esta tempada, o presidente do Master da Louriña subliñou o acordo alcanzado co Centro de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, para incorporar ao equipo xuvenil feminino, a cinco das mozas que se forman neste centro de alto rendemento. Entre elas a triatleta porriñesa, Carla Guisande.

Neste ano 2021, o Concello do Porriño adica un total de 476.000 € en subvencións aos principais clubs do municipio.

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad