Entre a madrugada e a mañán de hoxe atenderon diversas inundacións e a caída dunha árbore no acceso a AP-9
Tanto o 112 Emerxencias Galicia como diversos particulares requeriron a intervención de Protección Civil e Policía Local do Porriño, así como do Parque de Bombeiros; a causa do desbordamento do río Louro en varios puntos ao longo do termo municipal, así como os problemas na rede de pluviais, causados polas fortes choivas caídas entre onte e esta mañá, que provocaron varias inundacións.
Segundo os informes, o río Louro desbordouse na Guía-Atios, na estrada de Pontellas a Torneiros, á altura da nave “Maderas Iglesias” e xunto ao velódromo.
Por outra banda, rexistráronse bolsas de auga en varias rúas dos Parques Industriais das Gándaras e A Granxa. Tamén houbo inundacións na Casilla, nº 19; en Abelenda-Pontellas onde afectou un baixo comercial onde hai unha perruquería e en Eidos-Atios, 21 onde tamén afectou a unha vivenda.
Por outra banda, tamén foron requiridos pola caída dunha árbore no acceso á autoestrada AP-9 en Torneiros.
Segundo os datos da estación meteorolóxica de Atios da rede de “Meteo Galicia”, entre onte mércores e hoxe xoves recolléronse en O Porriño máis de 100 l/m2 de choiva.