Redacción 18/02/2021

O informe anual da Fundación Contemporánea, unha das máis prestixiosas de España, seleccionou ó Festival de Cans como a cuarta “insignia cultural” de Galicia en 2020. Só tres grandes institucións obtiveron mellor valoración, como son a Cidade da Cultura, a feira Culturgal e o CGAC, Centro Galego de Arte Contemporánea. A organización abre o proceso de búsqueda de patrocinios para todas as empresas e entidades que queiran colaborar co festival neste difícil 2021.

 

O Festival de Cans ven de ser seleccionado como un dos eventos culturais mellor valorados de Galicia en 2020, según o informe anual da Fundación Contemporánea, unha das fundacións culturais de maior prestixio de España. Esta fundación, que ten a súa sede en Madrid, realiza este informe anual do que denomina “principais insignias culturais”, recollendo as opinións dun milleiro de expertos de prestixio no eido cultural en toda España, entre os que están representantes de fundacións, directores de grandes museos, productores, promotores, xestores culturais e representantes de diferentes admistracións.

Estes expertos responden a un cuestionario, de onde sae esta valoración final, que a nivel español seleccionou nos primeiros postos do ranking a grandes institucións como o Museo do Prado, o Museo Reina Sofía, o Teatro Real ou o Festival de cine de San Sebastián.

En Galicia, o Festival de Cans ocupa o cuarto lugar en prestixio e valoración, só por detrás de grandes institucións como a Cidade da Cultura, a feira de industrias culturais Culturgal e o Centro de Arte Contemporána de Santiago de Compostela, CGAC. Neste cuarto lugar, ademáis de Cans, empatan a puntos o Teatro Rosalía de Castro e o Festival S8 de Cinema Periférico de A Coruña, xunto co Festival Curtocircuito, de Santiago de Compostela.

Esta valoración supón un gran recoñecimento ó Festival de Cans, cobrando ademáis maior relevancia no complexo contexto de pandemia baixo o que foi realizado o pasado ano. Os expertos apreciaron este esforzo e os contidos do festival, que deu un salto cualitativo neste informe ó pasar do posto número 12 do ranking en 2019, a esta cuarta posición en 2020. Hai que ter en conta ademáis que é o único evento realizado nunha vila pequena e nun contexto rural, fronte ós mellor valorados, todos realizados en grandes cidades. Asimesmo, Cans é o único evento seleccionado na área metropolitana de Vigo, xunto co Festival Sinsal, que ocupa o noveno posto do ranking.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad