Redacción 16/02/2021

Este aula, pechada na actualidade, será empregada para formación de alumnos do Centro de Educación Especial

 

 

O Concello de Porriño e “Aceesca” asinaron hoxe a cesión de uso temporal, da aula de restauración existente no Multiusos Municipal de Torneiros; que se empregará para formación práctica de alumnos do centro de educación especial.

O concelleiro de Servizos Sociais, David Alonso, asinou a cesión de uso esta mañá, co presidente da Asociación para o Apoio ás Persoas con Diversidade Intelectual,  Esteban Bacelo, en presenza da xerente de “Aceesca”, Angeles Leirós.

A cesión realizarase do 23 de febreiro ao 14 de maio, en horario de mañá -de 10:00 a 14:00 h).  A formación será para un curso de “Auxiliar de operacións básicas de restaurante-bar”, dirixido a persoas con discapacidade intelectual.

O documento establece que se deben respectar os protocolos de seguridade sanitarios, necesarios na prevención do Covid.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad