Redacción 26/11/2020

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o vindeiro 11 de decembro e poderá formalizarse presencialmente no Rexistro Xeral do Concello ou a través da Sede Electrónica Municipal.

 

Trátase dunha formación en voluntariado ambiental para mozos e mozas de entre 16 e 35 anos de idade que inclúe unha parte formativa e outra de actuacións na natureza como limpeza, retirada de lixo e de especies invasoras, etc. Para máis información, os interesados poden contactar coa Oficina Municipal de Información Xuvenil, OMIX, no teléfono 986 33 94 04 ou enviando un correo electrónico a omix@concellomos.es

O programa consta de dúas partes, formación en liña por plataforma ZOOM, os días 16, 17, 22 e 23 de decembro e, despois, de xaneiro ata abril, conleva a parte de saídas e actuacións. A formación é gratuíta para todos os que queiran participar, pero deben realizar o programa completo e ademáis obterán unha certificación acreditativa.

O obxectivo principal é a formación dun grupo de voluntarios (mozos e mozas e tamén adultos ata 35 anos), que actúen nos espazos da contorna de cara a promover a conservación a través de diferentes tipos de accións: educativas e de sensibilización ambiental. De adecuación dos espazos naturais como limpezas de ríos, de espazos naturais e eliminacións de especies invasoras e plantacións de árbores autóctonas. De coñecemento das especies faunísticas e florísticas, ademáis do ecosistema do Concello. E de coñecemento do patrimonio arqueolóxico, cultural e etnográfico da contorna. 

A participación axudará a fomentar o coñecemento patrimonial, a sensibilización (fomentar un uso adecuado e respectuoso cos valores naturais dos espazos), o orgullo (potenciar o coñecemento e potenciar o sentimento de orgullo polo patrimonio natural que posuímos, “coñecer para conservar”) enganchar ao participante ao movemento ambiental activo, fomentando así o pensamento crítico (cambiar o “quedo na casa e critico todo polas redes sociais” por saír a mudar as cousas). 

O proxecto posúe dúas partes, a primeira formativa buscando o coñecemento en certos temas necesarios de cara á segunda parte do proxecto e de cara ao futuro, para conseguir que os participantes sexan mediadores xuvenís entre os seus coñecidos (educadores ambientais en potencia); e a segunda de actuacións na contorna con actividades de carácter ambiental, limpezas de ríos e regatos, de montes, eliminacións de invasoras e plantacións de especies autóctonas. 

Este proxecto céntrase como base na temática ambiental, aínda que tamén cultural e etnográfica do concello de Mos promovendo ademais a concienciación ambiental e a socialización.

Os obxectivos son promover o voluntariado a través de actividades de tempo libre educativo medioambientais, incentivar o voluntariado como medio para o crecemento persoal, valorizar o patrimonio paisaxístico, cultural e etnográfico do Concello, concienciar sobre a importancia da sostenibilidade ambiental, integrar diferentes sectores da poboación como voluntarios, ofertar formación específica eles, fomentar a creatividade entre persoas voluntarias, organizar e realizar, por parte dos voluntarios as actividades do proxecto, recoñecer zonas de gran valor biolóxico, cultural e etnográfico, gozar do medio rural, e implicar á poboación local na conservación do contorna.

Ademais pretende constituír un programa de actividades alternativas como ferramenta para a prevención do consumo de drogas e outras substancias durante a adolescencia e xuventude, fomentar a participación social e política das mulleres, coñecer as especies faunísticas da contorna, coma mamíferos, aves ou herpetofauna, coñecer as especies vexetais presentes non concello, con mención especial daquelas catalogadas como vulnerables ou en perigo, etc.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad