Redacción 26/11/2020

O pasado 15 de novembro, Podemos Galicia celebrou a súa conferencia política. Nesta, analizaron “os erros e os acertos do pasado proceso electoral autonómico” e marcouse a folla de ruta para a organización coa vista nas eleccións municipais de 2023.

 

Segundo informa o voceiro de Podemos e GañaMos, Román González, o documento aprobado na devandita conferencia xa está sendo obxecto de execución en Mos. Así, González anuncia a decisión de “darlle ao noso grupo unha identidade territorial única, sen outras marcas que difuminen todo o traballo que levamos realizado durante todo este tempo e o que seguimos a realizar”.

O broucazo electoral na Galiza foi grande para Podemos, o cal obriga a “un exercicio moi importante de autocrítica” e a recompoñer desde a base, “desde os círculos”, apostando porque Podemos sexa “máis forte e máis visible cos problemas reais de todo o conxunto da veciñanza”. González confirma que continuará traballando “con respeto e ilusión” até o final da lexislatura para a confluencia GañaMos mais, “de cara ao futuro”, entende que a súa adscripción ao partido morado debe estar clara para toda a veciñanza. 

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad