Redacción 24/09/2020

Trátase de material sanitario enviado polo Goberno Central que se están a distribuir polos Concellos da provincia

 

 

Para facer fronte á crise sanitaria producida polo covid-19, o Goberno de España e a Federación Española de Municipios e Provincias – FEMP- achegaron á Deputación de Pontevedra un total de 97.500 máscarillas para o seu reparto entre os concellos da provincia.

Segundo os criterios de reparto establecidos, corresponden ao Porriño 3.000 unidades, que chegaron hoxe ao Concello.

A indicación que realizan dende o Goberno de España e a FEMP é que se reparta este material para que sexa utilizado polos colectivos máis vulnerables, xunto cos operarios de servizos de limpeza, recollida de residuos sólidos, traballadores sociais e policías locais, entre outros. 

Os concelleiros do goberno municipal dos que dependen esas áreas de xestión, reuníronse esta mañá para recepcionar o envío e por conseguinte iniciar xa o reparto, segundo acordaron Lourdes Moure, David Alonso e Sergio Casal. 

O goberno municipal do Porriño quere amosar o seu agradecemento ao Goberno de España, á FEMP e á Deputación pola súa colaboración.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad