Redacción 24/09/2020

Co obxectivo de apoiar os empresarios e autómos fronte aos efectos da crise sanitaria, o Goberno de Mos presentou en comisión informativa unha rebaixa fiscal da que se beneficiarán empresas con perdas. Tamén elimina as taxas para os negocios na rúa e ambulantes, e levará a pleno unha serie de peticións ao Goberno central na mesma materia.

O goberno local de Mos presentou onte a decisión de establecer a eliminación da tasa de venta ambulante, instalación de postos, barracas, casetas de vendas, espectáculos, atraccións ou recreo situados en terreo de uso público municipal, así como industrias na rúa e ambulante e rodaxe cinematográfico. Tamén se decidiu a modificación da ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre actividades económicas, establecendo unha bonificación no Imposto do 50% da cota correspondente para os suxeitos pasivos que tributen por cota municipal e teñan unha renda ou rendemento neto da actividade económica negativos. Se aplicará para actividades artísticas, recreativas, culturais, ou relacionadas con espectáculos, hostalería, distribución/exhibición de películas cinematográficas e instalacións deportivas.

Ademais, o Concello presentará unha moción que será debatida no pleno do próximo luns 28 solicitando o apoio da oposición para solicitarlle ao goberno central máis medidas fiscais. Entre estas, está a aprobación dunha bonificación excepcional e proporcional (con carácter mensual) no pago do Imposto sobre Actividades Económicas (IAE) relacionados co exercicio de actividades económicas durante o tempo que estean ou estiveran suspendidas, non autorizadas ou afectadas gravemente.  A mesma debería ter carácter retroactivo.

As propostas tamén inclúen a aprobación dunha bonificación excepcional e proporcional (con carácter mensual) no Imposto sobre vehículos de tracción mecánica  (IVTM) para aqueles vehículos non turismos de carácter industrial, mercantil e comercial e de transporte de pasaxeiros, ante a imposibilidade de desenvolver a súa actividade por orde das autoridades administrativas ou sanitarias. A mesma debería ter carácter retroactivo.

Por outra banda, a aprobación dunha bonificación excepcional e proporcional (con carácter mensual) no pago do Imposto sobre bens inmobles (IBI) relacionados con inmobles onde se desenvolva o exercicio de actividades económicas durante o tempo que estean ou estiveran  suspendidas, non autorizadas ou afectadas gravemente.  A mesma debería ter carácter retroactivo.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad