Redacción 24/09/2020

O Concello de Tui condena as pintadas rexistradas no conxunto histórico nas últimas xornadas

 

 

O Concello de Tui condena as distintas pintadas rexistradas ao longo dos últimos días no conxunto histórico de Tui.

 

A rúa Sanz, tanto o empedrado da rúa, coma as paredes do cárcere vello e doutros inmobles situados nese emprazamento foron obxecto destes actos vandálicos. Dende o Concello de Tui queren facer un chamamento a respectar o seu patrimonio. As forzas e corpos de seguridade están a investigar estes feitos para poder localizar á persoa ou persoas que os cometeron.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad