A celebración virtual loitará pola integración, pola igualdade e pola diversidade
Como na maioiría das programacións culturais e de ocio planificadas para este ano 2020, a crise do COVID-19 obríga a modificar os actos que tíñamos pensado facer este ano mo Concello de Salvaterra o Día do Orgullo LGBT, que debido as circunstancias actuais estarán enfocadas as redes sociais.
No mes de xuño a bandeira LGBT estará colocada no balcón da Casa do Consistorial. Con este xesto o Concello quere dar visibilidade e loitar por unha sociedade máis xusta, igualitaria e diversa.
Ademais a partires do luns da semana que ven ábrese o prazo para que todas as persoas poidan ser participes. Buscamos unha frase conmemorativa para colocar na última semana nas redes sociais e na pantalla informativa do Concello como imaxe central. Se queres participar o Concello facilita un medio electrónico para enviar a túa frase a animación@concellodesalvaterra.org, do 8 ao 19 de xuño. A frase gañadora será o eslogan que presidirá os actos virtuais e estará exposta do 22 ao 30 de xuño en redes.
A frase non pode ter máis de 30 caracteres e será dende o Departamento de Cultura e Servicios Sociais donde se escollerá a fase gañadora

