Redacción 06/06/2020

A celebración virtual loitará pola integración, pola igualdade e pola diversidade

 

 

Como na maioiría das programacións culturais e de ocio planificadas para este ano 2020, a  crise do COVID-19 obríga a modificar os actos que tíñamos pensado facer este ano mo Concello de Salvaterra  o Día do Orgullo LGBT, que debido as circunstancias actuais estarán enfocadas as redes sociais.

No mes de xuño a bandeira LGBT estará colocada no balcón da Casa do Consistorial. Con este xesto o Concello quere dar visibilidade e loitar por unha sociedade máis xusta, igualitaria e diversa.

Ademais a partires do luns da semana que ven ábrese o prazo para que todas as persoas poidan ser participes. Buscamos unha frase conmemorativa para colocar na última semana nas redes sociais e na pantalla informativa do Concello como imaxe central. Se queres participar o Concello facilita un medio electrónico para enviar a túa frase a animación@concellodesalvaterra.org, do 8 ao 19 de xuño. A frase  gañadora será o eslogan que presidirá os actos virtuais e estará exposta do 22 ao 30 de xuño en redes.

A frase non pode ter máis de 30 caracteres e será dende o Departamento de Cultura e Servicios Sociais donde se escollerá a fase gañadora

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad