A doazón, realizada por unha empresa da localidade no marco da iniciativa Pulso Solidario, foi recollida polo Concello a finais desta semana, e será entregada aos seus beneficiarios o próximo luns.
O material doado consta de 60 pantallas de protección individual, e beneficiaránse del as asociacións Asodifisi (Asociación de Discapacitados Físicos e Psíquicos de Mos) e ASOMAMOS (Asociación de Maiores, Pensionistas e Xubilados de Mos). Os equipos foron fabricados enteiramente en Mos pola propia empresa, que leva xa distribuidas 5.000 unidades desde que comezaron a súa fabricación co inicio da crise sanitaria.