#SanTelmoNaCasa busca a participación veciñal compartindo as lembranzas e os desexos de futuro sobre as festas
As redes sociais municipais xunto á web tui.gal serán as plataformas que reúnan as distintas iniciativas
Unha ollada ao pasado pero tamén ao futuro son as primeiras propostas para a participación da veciñanza en #SanTelmoNaCasa. Trátase da celebración virtual das festas de San Telmo que na fin de semana comezou a través das redes sociais municipiais – Facebook, Twitter e Intagram – e que continuará até o próximo luns, 20 de abril, Luns de San Telmo.
Este luns lanzábase xa nas redes o #SanTelmoNaMemoria, plantexando que a cidadanía comparta as súas lembranzas das festas patronais de Tui, esa imaxe que gardan na retina, un momento especial que teñan vivido… Chegaron xa as primeiras mensaxes que falan das feiras que se celebraban antigamente, os fogos artificiais, un concerto de Manolo Escobar, a Feira Cabalar, …
Neste #SanTelmoNaCasa tamén se busca coñecer as propostas, os desexos, as inquedanzas sobre as festas pensando no futuro. Esta será pregunta que hoxe mércores se plantexará nas redes sociais,… Búscase así mirar tamén cara próximas edicións destes festexos, cunha escoita activa ás opcións que plantexen os e as tudenses.
De cara á fin de semana plantexaranse distintos contidos e propostas a través das redes sociais, para vivir os festexos dende a casa.