Redacción 09/06/2019

Difícil tarefa a de escoller 12 gañadores entre os preto de 250 debuxos participantes, que se poden consultar en www.consorciodolouro.es

 

O pasado mércores, coincidindo coa celebración do día mundial do medio ambiente, fíxose a entrega dos premios do IV Concurso de Debuxo Infantil do Consorcio, que este ano tiña como lema “Os Investigadores da Auga trala pista do ciclo integral da auga”.

Os 4 primeiros premios, un por cada Concello consorciado, recibiron unha tableta electrónica; e os oito finalistas, 2 por Concello, recibiron unha pulseira de actividade.

Os representantes dos Concellos de Mos, O Porriño, Salceda de Caselas e Tui así como a Directora de Augas de Galicia, quiseron agradecer a participación dos nenos nesta cuarta convocatoria, na que se presentaron preto de 250 debuxos, e resaltaron a importancia de difundir e concienciar da importancia da boa xestión e dun uso responsable dun ben escaso e prezado como é a auga.

Os 12 debuxos seleccionados serán utilizados para editar un calendario do ano 2020 que, como xa é costume, será distribuído polo Consorcio en diferentes puntos.

Os debuxos gañadores poden consultarse tamén accedendo á web do Consorcio na dirección www.consorciodolouro.es

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad