Redacción 20/02/2019

Máis de 350 judokas daranse cita a partir das 11.00 h no novo Pavillón Municipal de Deportes

 

 

O novo pavillón municipal de deportes de Tui acollerá este sábado a primeira xornada da Fase Sur de Judo alevín e infantil organizada pola Federación Galega de Judo, a Secretaría Xeral para o Deporte e o Concello de Tui.

Na presentación, que tivo lugar este martes na Casa do concello, estiveron presentes o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín; o concelleiro de Deportes, Eduardo Freiría; o coordinador de deporte escolar da Xunta de Galicia, Guillermo Renaldo; o presidente da Federación Galega de Judo, Mario Muzas; o profesor de Judo en Tui, Francisco Covelo; e do Judo Club Tudense, David Morais.  

O campionato ten un obxectivo pedagóxico xa que pretende que os máis pequenos se inicien neste deporte a través dunha competición baseada na estimulación e esforzo, promovendo valores de respecto e garantindo a seguridade na práctica do judo. Pretenden tamén fomentar a participación de todos os judokas galegos destas idades que practiquen regularmente este deporte.

A xornada comezará as 11.00h no Pavillón Municipal de Deportes de Tui e se prolongará durante a mañá. Participarán un total de 369 judokas, 119 na categoría feminina e 250 da masculina de: 41 clubs e centros escolares da provincia de Pontevedra, 11 de Santiago de Compostela e 1 de Ourense, todos eles de categoría alevín e infantil, divididos por idades e pesos. O sistema de puntuación será o mesmo para todas as categorías, 3 puntos por combate gañado e 1 por non gañado. Vencerá en cada liga o judoka que máis puntos obteña pero todos os deportistas recibirán un premio por participar.

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad