Redacción 13/11/2018

A alcaldesa do Porriño presentou unha querela polas súas reiteradas agresións verbais, con calificativos coma “rata de dos patas”

 

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, vén de presentar unha querela contra Urbano González Álvarez, cuñado e ‘home de confianza’ do anterior alcalde, Nelson Santos, por “reiteradas” agresións verbais, insultos, inxurias e calumnias verquidas durante anos en alegacións presentadas no Rexistro municipal.

Este mesmo mes, nun escrito do pasado día 6, este individuo referíase á alcaldesa como “Rata de dos patas”, unha aldraxe á que hai que sumar outras, os días 31 de xullo, 7 de agosto e 11 de agosto de 2017, 2 de abril, 28 de xuño, 24 de xullo, 18 de setembro, e 23 de outubro, “só por citar as do último ano”, na que cualifica á rexedora coma “mentirosa cumpulsiva”, “impostora”, “usurpadora”, “fantasma”, “teatrera”, “inepta” ou “trampera de Alaska”; mesmo a compara co ministro nazi de Propaganda, Joseph Goebbels, co dictador de Corea do Norte, Kim Jong-un ou a acusa da comisión de delitos coma o de falsidade documental.

As infamias deste suxeito, abranguen a outros membros do Goberno local, coma o responsable do Urbanismo, Marcelino Coto, ou á concelleira de Educación, Lourdes Moure, á que define nunha das súas alegacións coma “inepta, necia ou indocumentada”, e da que afirma que non sabe ler e a membros da prensa, coma un coñecido xornalista do diario Faro de Vigo, ao que chama “vendido” ou “paniaguado”.

García de la Torre subliña que toma esta decisión, logo de “anos de vexacións”, ante o incremento do comportamento violento deste individuo, “que nunca foi rexeitado polas concelleiras e concelleiros do Partido Popular, que onte mesmo no Pleno do Concello, lonxe de rexeitar o mesmo riron as ocorrencias deste suxeito”, que mesmo dirixiu á alcaldesa o cualificativo de “mentirosa” dende os asentos do público asistente á xuntanza da Corporación.

A rexedora afirma que a súa intención é que Urbano González Álvarez “responda ante a xustiza polo seu comportamento violento, polo grave dano moral que está a causar e para que o odio, o insulto e o descrédito desaparezan da vida pública”.

Esta non é a primeira vez que Eva García de la Torre é agredida verbalmente, en persoa ou nas redes sociais, por membros do Partido Popular ou persoas vencelladas ao anterior alcalde, entre elas o seu irmá que se dirixira a ela chamándoa “Hija de puta” e “guarra”, ofensas polas que presentou unha denuncia “que retirei no xuízo cando este señor pediume perdón… pensando que as súas desculpas e o seu arrepentimento eran reais”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad