Non están dacordo coa venda duns terreos forestais para o uso privado dun centro coemercial que non beneficia en nada ao pequeno comercio do municipio
O pasado xoves 23 de agosto o PSOE de Mos celebrou unha asemblea local na que se debateu o proxecto da Cidade deportiva do Celta en Mos. Ata o de agora o Partido Socialista mantivérase o marxe das negociacións xa que entendía que era o momento de que as partes afectadas, comunidades de augas e montes principalmente, falasen.
Tras diversas reunións coas comunidades, co Celta e o Concello a executiva local decidiu facer unha asemblea cos militantes na que a voceira socialista, Patricia Pérez, comunicase a información recollida ata a data, para así poder concluír cunha posición o respecto.
Tras valorar os impactos medio ambientais, o prexuízo que lle vai supoñer o pequeno comercio da contorna, que unha comunidade de montes propietaria duns terreos teña que vendelos para un uso privado coma sería un centro comercial, que haxa que recalificar unha zona catalogada fai escasos anos coma forestal protexida para uso comercial e os escasos beneficios para a veciñanza, a militancia socialista decidiu posicionarse en contra da construción dun centro comercial no monte de Tameiga.
A Secretaria Xeral, Victoria Alonso, di non comprender a teima da rexedora Arévalo cun proxecto que non atende as necesidades da veciñanza de Mos nestes momentos e que só beneficia a unha persoa. Recórdalle que coa débeda que atravesa o concello en vez de estar presionando a veciñanza para que apoien o proxecto debería estar vixiando a boa xestión do concello e ó carón das veciñas e veciños que pídenlle que defenda o noso monte fronte a especulación urbanística.