Sthela Táboas 06/12/2024

O Teatro Municipal de Tui acollerá o espectáculo musical “Estrela” o sábado 21 de decembro ás 21.30 h

A Cámara de Valença e o Concello de Tui, que conforman a Eurocidade, reforzan un Nadal máis a unión entre ambos municipios a través da música co musical “Estrela”. 

“Estrela” é un espectáculo musical que mergullará ao público na apaixonante historia de tres Reis que, tras seguir unha luz, encontran un neno cuxa chegada simboliza unha nova esperanza para a humanidade.  No corazón de Estrela está unha mensaxe atemporal: a importancia de seguir á luz da esperanza, mesmo nos momentos máis escuros, e celebrar o espírito do Nadal deixando que esa luz guíe tamén os nosos propios camiños.

Serán preto de 80 músicos de 4 formacións das dúas beiras do Miño os que participen neste espectáculo. Sobre o escenario do teatro tudense estarán o grupo de jazz Jazzitive; o Coro da Academia de Música de Valença, dirixidos  por Joao Azevedo e acompañados polo pianista Antonio Kent Queener; o grupo de danza Dance Sen Fronteiras de Valença; e coro Mistura Vocal con 37 cantoras e cantores dirixidos por Aloia Martínez.  “Estrela” conta coa dirección técnico-artística de Eva García e Juantxo García e a dirección musical de Aloia Martínez.

Este evento será unha experiencia sensorial que fusiona tradición e modernidade, e promete tocar o corazón de todas as persoas os asistentes, enchendo de maxia o teatro tudense e iluminando este Nadal.

As entradas para “Estrela”, que poderemos ver o sábado 21 de decembro ás 21.30 h no Teatro Municipal de Tui, poranse á venda o próximo luns 9 de decembro, nas webs tui.gal e cm-valenca.pt aos prezos de 7€ e 5€.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad