Sthela Táboas 06/12/2024

Ata 19 negocios mosenses estarán co seu producto do 6 ao 8 de decembro no Pazo de Mos nunha ponte da Constitución cargada de música, actividades en  familia, obradoiros e artesanía

Mos da a benvida ó Nadal con Queda en Mos II, o segundo mercado aberto de comercios e servizos locais, que terá lugar os días 6, 7 e 8 de decembro no Pazo de Mos. O evento mesturará comercio local, gastronomía, música e actividades para toda a familia.

A celebración dará comezo hoxe, coincidindo co tradicional acendido de Nadal do Concello de Mos, que incluirá un programa especial, con actividades infantís e personaxes navideños con indumentarias luminosas, marcando o inicio dunha fin de semana chea de maxia e entretemento.

Así, o acto de acendido do alumeado de Nadal iniciarase no Pazo ás 17.00 h e contará co concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona, seguido de sesión DJ. Durante toda a tarde as persoaxes luminosas de THEA, a Raíña da Luz, interactuarán co público e haberá diferentes obradoiros de taller decorativo, pintacaras e globoflexia.

Queda en Mos II

O mercado contará coa participación de 19 negocios locais: César Blanco, Textil Pereira, Arte y Ciencia, Bo Camiño, Editorial Edimaes, Muebles Soliño, Fundación Pazo de Mos, Deportes González, Tramo Libre, Peluquería Elsa Pereira, Pais Automoción, Equipemos, Naturopatía Saluz, Centro Holístico Chi & Zen, Always TM, Agro Campo, Nubeluna, Bio Terapias Eva Varela e Panadería Luisa.

Ademais, estarán presentes artesáns como Valenta e Omar Godoy, xunto con organizacións sen ánimo de lucro como Mos Axuda e a Asociación Galega Solidariedade co Pobo Saharaui.

Os asistentes poderán gozar da oferta gastronómica dos postos de restauración a cargo de Bar Veiga e Quinta da Rivas, con opción para todos os gustos.

A música acompañará o evento durante toda a fin de semana con actuacións de artistas como Uxía Lambona e a Banda Molona, Dj Alex Carba, Abrente Folk, Dj Pitty, Noemí en acústico, Grupo Pés na Rúa, Dúo Bela & Charlo e Dani Barreiro & Friends.

Pola súa parte, os máis pequenos e familias poderán vir a divertirse co taller de cerámica, a esperada visita de Papá Noel e unha emocionante Xincana Familiar.

O mercado aberto estará operativo o venres a partir das 17:00 h e o sábado e domingo de 11:00 h a 20:00 h, ofrecendo un espazo onde poder compartir, mercar productos locais e desfrutar do espírito navideño nun entorno único como o Pazo de Mos.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad