
A alcaldesa e os seus concelleir@s levan dous meses exercendo a labor de goberno sen percibir ningún tipo de retribución e sen cotización á Seguridade Social
O equipo de goberno de Salceda de Caselas volverá someter o vindeiro luns a súa proposta de salarios ao Pleno da Corporación. Movemento Salceda presentou xa catro propostas de acordo reducindo en cada unha delas as contías a establecer como retribucións, e renunciando xa a calquera tipo de incremento con respecto ao 2019, incluído o do IPC. Así pois, o equipo de goberno presenta unha proposta de adicacións mantendo os importes da lexislatura anterior, cos salarios idénticos aos que aprobaron no bipartito co PSOE, propoñendo tres adicacións esclusivas, tal como lles permite a lei e existían xa no mandato anterior, e unha parcial, ademais do cargo de confianza.
Cabe lembrar que PSOE e BNG acordaron investir a Loli Castiñeira como alcaldesa e negáronse posteriormente a entrar a formar parte do goberno, deixando únicamente ás catro persoas de MS á fronte do Concello, polo que o feito de contar só con catro persoas fai máis preciso que nunca a adicación de todos eles ao Concello para poder sacar o traballo adiante. As adicacións pasarían de seis no mandato anterior a catro neste, xestionando as mesmas áreas con menos xente.
Movemento Salceda pasou de propoñer un custo para o goberno de 135.999 € (un 20% menos que na lexislatura anterior), a propoñer neste pleno un custo de 125.160 € (un 25% menos que na lexislatura anterior), presentando xa a cuarta proposta aos grupos de esquerda en busca do seu apoio.
A alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira, “O cumprimento do pacto investidura, os novos proxectos para a localidade, o dinamismo propio do noso municipio e o feito de que o goberno municipal só estea formado por catro persoas obrígannos a presentar esta proposta de mínimos imprescindible para poder garantir a acción de goberno. Dous meses despois da investidura, Salceda é un dos poucos municipios que non ten aprobados os salarios do seu goberno. A esquerda sempre defendeu a dignidade salarial, polo que confiamos en que quenes nos investiron aproben esta cuarta proposta”.