Concello de Tui e Confederación Hidrográfica do Miño-Sil asinaron un convenio, publicado no BOE este luns, que contempla un investimento de 935.000 €
O Concello de Tui aposta pola recuperación das contornas naturais e patrimoniais do municipio que neste aspecto xa conta coa senda peonil dende a rúa Olímpicos Tudenses até a vella Ponte Internacional ou o tramo dende a Mariña até a Metralla; unha pasarela de madeirмиглопластика косъм по косъм adidas superstar ii femme mug bedrucken amazon horny toad clothing manico basso 5 corde amazon selected frakke brun womens air jordans ab1553 adidas věšák na klíče domeček balenciaga sinners hoodie vincha sexy sbelt black stetson hat t shirt gr 98 detská zdravotná obuv fahrrad shop fernitza na desembocadura do río Louro, comunicacomunicando este tramo até a praia de Areeiros en Guillarei; ou a senda do río Furnia, nas parroquias de Malvas e Pexegueiro, que nestes intres está rematando o Obradoiro de Emprego. Nesta mesma liña de traballo, agora vaise realizar a recuperación ambiental do río Caselas cunha senda fluvial e a restauración de dous muíños.pánský náhrdelník kůže zub pánský náhrdelník kůže zub tutobon.com panske tricka panske tricka modré sandály na podpatku suchemuryesklep.pl suchemuryesklep.pl dymytr povlečení panske tricka dymytr povlečení modré sandály na podpatku modré sandály na podpatku sevilenotocekici.com suchemuryesklep.pl
Para iso o Concello de Tui asinou un convenio coa Confederación Hidrográfica do Miño Sil, CHMS, para o financiamento, execución e entrega das obras de mellora da accesibilidade e recuperación ambiental do río Caselas en Tui. Dito convenio foi asinado o pasado 19 de xullo entre o presidente da CHMS, José Antonio Quiroga, e a tenente de alcalde e concelleira de Turismo e Patrimonio, Ana Núñez; pero este luns, 31 de xullo, foi publicado no Boletín Oficial do Estado.
A primeira fase desta actuación consistirá nas obras de restauración e posta en valor dos muíños consistirán no acondicionamento das estruturas do Muíño do Medio no Souto de Arriba e do Muíño da Seña. En concreto levarase a cabo a limpeza, estabilización e consolidación dos paramentos e cubertas. Tamén se procederá a acondicionar as zonas exteriores, creando elementos de interpretación e posta en valor destes elementos patrimoniais. O convenio tamén contempla a creación de elementos de interpretación e posta en valor do antigo acueduto sobre o cauce do río Caselas.
A segunda fase comprende a execución dunha senda peonil na marxe dereita do río Caselas no termo municipal de Tui. O investimento previsto ascende a 935.000 € dos que a Confederación aportará 748.000 € (80%) e o concello de Tui 187.000 € (20%). Tres son as anualidades previstas, así este ano investirán 86.000 €, 123.000 € en 2024 e 726.000 € en 2025.
Agora tras a sinatura do convenio a Confederación Hidrográfica do Miño Sil asumirá a redacción dos proxectos, licitación e adxudicación das obras a executar. Unha vez completados os traballos o Concello de Tui recibirá as obras sendo o encargado do seu mantemento e conservación.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, salienta a aposta que dende o Concello de Tui se ten realizado pola recuperación das marxes do río Miño e doutros ríos no termo municipal poñendo en valor a súa riqueza tanto natural coma patrimonial. Nese senso apunta coma estas actuacións son de interese tanto para a poboación local coma para visitantes polo seu gran atractivo turístico.
A tenente alcalde e concelleira de Turismo e Patrimonio, Ana Núñez, destaca a importancia de recuperar e pór en valor todos os elementos patrimoniais e naturais do municipio, o que redunda tamén na dinamización turística e económica de Tui. Avanza a concelleira que o Concello de Tui vén de solicitar unha obradoiro de emprego para acondicionar o tramo de senda fluvial dende a praia de Areeiros até a senda do Caselas.