Redacción 01/08/2023

Comezará o vindeiro 7 de setembro con un prezo de 7 € e ten unha duración de 30 h

A Asociación Adapta sita no barrio de Canedo, en Ponteareas, inicia o vindeiro 7 de setembro un obradoiro de Habilidades Dixitais para uso cotián; a través do programa Depo en Marcha da Deputación de Pontevedra.

Os obxectivos do obradoiro son a adquisición de coñecementos no manexo de internet, para o uso de diferentes aplicacións como banca electrónica, Sergas, etc.; adquisición de destrezas e habilidades informáticas básicas relacionadas co uso do telefono móbil; e aumento da autonomía e o benestar social, a través da aprendizaxe das vantaxes e facilidades que presenta o uso correcto de internet e das redes sociais.

Este obradoiro, dirixido prioritariamente a persoas maiores de 50 anos, vai ter unha duración total de 30 h, repartidas en dúas sesións semanais -martes e xoves- de 2 h de duración cada unha -de 17.00 a 19.00 h-. As prazas son limitadas polo que é necesario facer reserva previa a través da Asociación Adapta. A actividade ten un custe total de 7 € por persoa e resérvase unha porcentaxe de prazas para persoas menores de 50 anos que desexen participar. O prazo para facer reserva de praza remata o 28 de agosto.

O programa Depo en Marcha ten como finalidade favorecer o envellecemento activo, favorecendo a participación e a cooperación social, promovendo espazos de encontro e de intercambio de experiencias que permitan fomentar a independencia das persoas, evitando así o illamento e situacións de soidade non desexada. 

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad