Redacción 03/07/2023

Aínda se atopa aberto o prazo de inscrición para os interesados en que os seus cativos participen no programa, que este ano persegue o obxectivo da inmersión lingüística, enmarcándose na temática da Volta ao Mundo con Willy Fog

A concelleira de Educación, Julia Loureiro, visitou esta mañá aos cativos que están a participar na primeira quenda do campamento estival infantil Mañás de Verán, que deu comezo esta semana e nesta ocasión ten como principal obxectivo a inmersión ligüística dos participantes na lingua inglesa enmarcando a temática da iniciativa na Volta ao Mundo de Willy Fog.

Como novidade, a edil infomou de que este ano desde o Concello subvenciónanse os servizos de aula matinal e fiambrera para as familias que precisen deles por motivos laboráis. Engadindo unha iniciativa a maiores que fomenta a conciliación da vida familiar e laboral.

Ademais o prezo do campapento conta cun desconto a maiores a partir do segundo irmán inscrito.

O campamento desenvólvese nas instalacións do colexio mosense CEIP Mestre Martínez Alonso de Castro-Mos (con saídas a diferentes lolacizacións como o Parque da Auga da Pesqueira, etc.), baixo a temática A Volta ao Mundo con Willy Fog. A través deste fío condutor a cativada mosense participante poderá facer unha auténtica inmersión lingüística no inglés pasándoo ben, xogando cos/as amigos/as e sen saír de Mos.

As familias interesadas en inscribir aos seus nenos e nenas aínda están a tempo de facelo na 2ª, 3ª, 4ª, 5ª quenda e para a semana de setembro.

O número de participantes nesta primera quenda é de 34. Na segunda quenda correspondente á primeira quincena de xullo, que empeza o luns día 4, hai 79 inscritos. Na 3ª quenda da segunda quincena de xullo son 60 os inscritos. Na 4ª quenda da primeira quincena de agosto hai 55 inscritos. E na quinta quenda da segunda quincena de agosto son 46 os inscritos. En total xa hai 274 inscritos.

O programa A Volta ao Mundo con Willy Fog ten como obxectivo ofrecer actividades de lecer e tempo libre para os nenos do Concello de Mos incorporando o linguas en función dos niveis dos grupos.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad