O BNG non acepta as imposicións do alcalde porriñés polo que foi expulsado da sesión plenaria do pasado luns
1°. O pleno de investidura no Concello do Porriño celebrouse sen permitir a intervención das forzas da oposición. Unha actitude intransixente como esta nunca se dera no Porriño nin se deu en ningún municipio da contorna.
2°. No pleno de organización de principios da semana informa que as sesións ordinarias se celebrarán os luns ás 09.00 h. Ese horario limita claramente a participación e a asistencia do público.
3°. Relega a oposición ás bancadas do fondo, sen visibilidade, para así ocultala e silenciala. O BNG non aceptou esta imposición e foi expulsado do pleno.
“O alcalde non atende a criterios democráticos”.