Redacción 22/06/2023

O actor Tatán R. Cunha, o porteiro Rubén Blanco, o Grupo empresarial Godoy Maceira, o músico Juan Eiras e José María Paz son os premiados deste ano

O evento do CRC celebráse o sábado 1 de xullo e anuncian “sorpresas emocionantes” e actuacións en directo

O Círculo Recreativo Cultural do Porriño (CRC) vén de escoller os premiados para a XXXVI edición dos Premios Círculo, os históricos galardóns considerados de meirande relevancia na comarca da Louriña. Estes Premios levan, dende 1987, recoñecendo o labor de porriñeses ou persoas vencelladas ao Porriño que destacan en diferentes ámbitos.

Este ano, o Premio Círculo “Deporte” recae no futbolista Rubén Blanco, actualmente xogador do Olympique de Marsella, e o máis novo en debutar en primeira división nacional defendendo a portería do Celta. Blanco está vencellado familiarmente a O Porriño, reside na vila e, coa súa empresa Rubensa, leva anos apoiando ao deporte porriñés, en concreto o balonmán feminino. O Premio Círculo “Cultura” é para o actor Tatán R. Cunha, un dos actores galegos de teatro e cine máis recoñecidos. O fundador da compañía de teatro de títeres “Tanxarina”, actor en películas como “A lingua das bolboretas” ou “Matria”, leva preto de 25 anos vivindo no municipio, participando en proxectos musicais como “María Fumaça” e, como dato curioso, hai un ano foi nomeado “Embaixador do Pan do Porriño” pola Asociación de Panadeiros.

O premio á “Música” é para o compositor Juan Eiras, un dos compositores con maior proxección dos pertencentes á chamada «Xeración Sensible de novos compositores galegos». Un músico residente no Porriño que recibiu numerosos premios internacionais polo seu traballo e que estes días estreará unha das súas obras en Tokio. O Premio Círculo “Mención Especial” é para o Grupo empresarial Godoy Maceira, unha das compañías porriñesas con meirande proxección internacional e que, entre outros moitos traballos, vén de destacar a nivel nacional por ser a encargada de elaborar a réplica do Templete de Antonio Palacios, emprazado na Gran Vía madrileña. Ademais, o CRC recoñece o labor que a empresa leva a cabo apoiando desinteresadamente a clubs deportivos e proxectos culturais da vila. Por último, o premio ao “Recordo” recae en José María Paz, un home respectado e querido no Porriño, que colaborou co Círculo en distintas facetas e que foi membro da Coral Polifónica do CRC.

Este ano, a xunta directiva decidiu ademais homenaxear a un importante persoeiro da sociedade porriñesa que prefiren manter en segredo ata o día do evento. A cea e a posterior gala de Premios celebraráse o vindeiro sábado 1 de xullo. Os socios teñen ata este sábado 24 para inscribirse (en conserxería ou online a través da web do Círculo) e participar así desta “noite emocionante que estará ateigada de sorpresas e actuacións en directo”.

O actor Tatán R. Cunha, o porteiro Rubén Blanco, o Grupo empresarial Godoy Maceira, o músico Juan Eiras e José María Paz son os premiados deste ano

O evento do CRC celebráse o sábado 1 de xullo e anuncian “sorpresas emocionantes” e actuacións en directo

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad