Sabela Landín 22/06/2023

Leo Costas o membro máis xoven do goberno asume a portavocía  e será o pilar fundamental da organización municipal

A rexidora local delega na súa persoa de confianza, Laura Méndez a imaxe do Concello na rúa

Nidia Arévalo aposta na distribución de concellerías pola innovación e o fomento da igualdade potencioando o Mos das persoas e do porvir. E para elo crea dúas áreas novidosas e pioneiras no municipio, como son os departamentos de Atención Veciñal e Industria, que dirixirán Laura Méndez e Feli Rodróguez, respectivamente. Confía no home máis novo do goberno, Leo Costas, para levar a área de Igualdade, e por unha muller, Laura Méndez, para coordinar o Mantemento de Zonas Urbanas e Parques e Xardíns.

Para a designación de áreas dos concelleiros e concelleiras do equipo de goberno local celebrarase o vindeiro luns 26 de xuño no Pazo de Mos o Pleno de Organización da Corporación Municipal no que se dará conta da constitución de grupos políticos, integrantes e voceiros.

A alcaldesa (que seguirá a levar persoalmente á Policía Local) resolverá no mesmo o nomeamento de Tenentes de Alcaldesa, membros da Xunta  de  Goberno Local e delegacións de competencias. Os Tenentes Alcaldesa son Camilo Grandal Pérez, tamén concelleiro de Obras Públicas; Leo Costas Alonso, tamén ao cargo de Coordinación Xeral e bo gobernó e Persoal, Igualdade, Patrimonio, Emerxencias e Novas Tecnoloxías (e que asume o papel de voceiro do goberno local). E Laura Méndez Senlle, que asume a nova concellería de Atención Veciñal, así como Medio Ambiente, e Mantemento de Zonas Urbanas e Parques e Xardíns. Pola súa banda Feli Rodríguez Carrera leva as carteiras de Industria, Economía, Facenda e Deportes. Sara Cebreiro Alonso continúa a xestionar os departamentos municipais de Política social e Cultura. Julia Loureiro Campo leva Emprego e Mobilidade, Educación, Mocidade e Participación Cidadá. José Ramilo Hermida asume a coordinación da área de Urbanismo. Evaristo Ucha Rodríguez recibe as carteiras de Alumeado Público e Eficiencia Enerxética. E Baldomero Lorenzo García continúa a levar a área de Servizos Públicos.

Na sesión plenaria que se levará a cabo o vindeiro luns tamén se determinará a periodicidade das sesións do Pleno, que se convocará como se viña facendo ata o de agora mensualmente, o último luns de cada mes ás 10.00 h da mañá no Pazo de Mos. Pola súa banda, a periodicidade das sesións da Xunta de Goberno Local será semanal.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad