O informe de Intervención recolle “o Pleno corporativo reunido en sesión ordinaria do 30 de marzo de 2022 aprobou a moción do PSOE para a posta en marcha dunha liña de subvencións para financiamento dun bono enerxético”
O Concello do Porriño activou o Bono Enerxético proposto polo PSOE, brindando axudas económicas directas para combater a pobreza enerxética no municipio. As persoas beneficiarias recibirán 300 €, que ascenden a 450 € para familias numerosas.
O PSOE propuxo o 30 de marzo de 2022 destinar 200.000 € a dúas liñas de axuda:
1. Pequenas empresas, comerciantes, praceiros, autónomos
2. Familias en risco de exclusión e persoas xubiladas con escasos recursos.
O voceiro socialista, David Alonso, denuncia que o goberno do Partido Popular do Porriño, liderado por Alejandro Lorenzo, incumpriu a proposta do Partido Socialista Obreiro Español para implementar un programa de Bono Enerxético.
O rexedor porriñés engana e oculta o acordo plenario aos autónomos porriñeses con negocios na nosa localidade, no que se aprobou unha liña de axuda para os devanditos colectivos de 100.000 €.
Alejandro Lorenzo deixa tirados a sectores tan maltratados pola crise enerxética como o hostaleiro, pequeno comercio e micropeme, que xeran miles de empregos no Porriño e solicitaremos no próximo Pleno que se comecen, desde agora mesmo, a redactar as axudas acordadas no seu día pola maioría dos concelleiros dos diferentes partidos.
O bono poderá ser solicitado por titulares de contratos de subministración eléctrica ou enerxética, residentes no Porriño e clasificados nalgunha modalidade de bono social eléctrico. Tamén se permitirá o acceso a persoas en situación de pobreza enerxética que non cumpran cos requisitos de nivel de renda familiar do bono social eléctrico, pero necesiten a subministración para tratamentos médicos.
As solicitudes poderanse presentar desde o 23 de xuño ata o 15 de novembro de 2023 no Rexistro Municipal do Concello de Porriño.