Redacción 13/06/2023

A actuación policial á que se remite o CAL tivo lugar na madrugada da xornada de reflexión electoral

O Comité Antifascista da Louriña –CAL-manifesta oseu rechazo ante un presunto novo caso de violencia policial no Concello do Porriño que ocurríu fai menos dun mes, na madrugada do pasado sábado 27 de maio. 

Dende o comité definen a actuación dos axentes do Porriño como “un abuso de autoridade e forza desmesurada, sen xustificación, contra un veciño. Unha actuación da Policía Local na que humillaron, golpearon e tiraron ao chan a unha persoa, mofándose dela en dependencias policiais. Un novo atropelo usando a violencia de maneira arbitraria”.

O CAL manifesta non cansar “de denunciar todos e cada un dos excesos que certos elementos do corpo, protagonizan no uso das suas funcións, extralimitándose na utilización do poder que ostentan. Este tipo de actuacións son inxustificables, aínda que a actitude e os motivos da detención desta persoa, poidesen ser socialmente reprobables”.

Engaden “estes chulos con placa, síntense seguros e protexidos polo poder político, que non é capaz de poñer orde nas súas fileiras, tomando medidas disciplinarias contra suxeitos que descaradamente vulneran os dereitos civís Non só abusan e excédense no uso da forza, se non que tamén se permiten con total descaro tratar con desprezo a veciños que non se pregan as suas sádicas prácticas”.

O Comité Antifascista da Louriña puntualiza “cando as ‘forzas do orde’ non só maltratan físicamente, se non que tamén menosprezan e humillan, estamos perante unhas prácticas despóticas que hai que denunciar non só fronte ao poder político local, ou nos xulgados, tamén nas rúas”.

Rematan dende o CAL facendo un chamamento “damos todo o noso apoio a calquer veciñ@ que sofra este tipo de accións por parte destes suxeitos reaccionarios que, amparados na placa, cometen este tipo de abusos. Matóns con placa fora do Porriño!”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad