Redacción 25/04/2023

O alcalde e candidato á reelección avanzou a incorporación de Carlos Martínez Nogueira, que se perfila como peza importante do próximo mandato ocupando o número dous

Rosa Isabel Romero e Marcos Martínez completan, xunto co seu actual equipo de concelleiros e concelleiras, os once corporativos cos que Lorenzo aspira a conformar o próximo goberno municipal

O alcalde e candidato á reelección, Alejandro Lorenzo, avanzou hoxe a incorporación á súa lista en postos de saída de Carlos Martínez Nogueira, Rosa Isabel AlonsoRomero e Marcos Martínez Campos, que xunto co seu equipo actual completan os once corporativos cos que aspira conformar o próximo goberno municipal.

Lorenzo aposta así pola continuidade do seu equipo, reforzándoo con incorporacións de marcado perfil técnico que acentuarán a xestión municipal, todos eles persoas “que encaixan e aportan valor ao equipo, cunha gran capacidade de traballo e vocación de servizo”. 

Carlos Martínez, quen se perfila como peza importante do próximo mandato pola súa experiencia na xestión municipal, ocupará o número 2. Martínez ten 54 anos e é natural da parroquia de Atios, aínda que a día de hoxe reside en Pontellas. Licenciado en Dereito leva décadas exercendo a avogacía no Porriño e conta cun gran coñecemento da administración local, pois foi concelleiro da corporación dúas lexislaturas, dende o 2011 ata 2019. Na primeira delas como parte do equipo de goberno  ao frente das áreas de Patrimonio, Servizos Xurídicos e Canteiras, na que levou ou peso da negociación que, en termos de licencias de actividade e organización, iniciou a regularización da actividade industrial das canteiras do Porriño. Na segunda, como voceiro do grupo municipal popular.

Outra novidade importante é Rosa Isabel Alonso, veciña da parroquia de Budiño, que se incorpora no número 7 da candidatura. Alonso, de 44 anos de idade desenvolve a súa carreira profesional no eido da contabilidade e a administración. Destaca pola súa implicación e compromiso social e forma parte como tesoureira da directiva da ANPA do CEIP Cruz Budiño.

Por último súmase Marcos Martínez, de 46 anos e veciño da parroquia de Cans que ocupará o número 11 da lista. Martínez desenvolveu a súa carreira profesional no sector da construción e conta cunha gran experiencia en obra pública. É Vicepresidente da AV Castelo de Cans e membro da Xunta Rectora da Comunidade de Montes de Cans. A súa implicación activa na vida cultural e social e a súa gran capacidade de traballo avalan a súa candidatura.

“Presentamos un equipo plural, capaz de responder ás necesidades da veciñanza e seguir gobernando O Porriño dende a responsabilidade e a sensibilidade. Un equipo capaz de seguir facendo unha política útil, que sirva aos porriñeseses e porriñesas”, apuntou Alejandro Lorenzo.

Lorenzo anticipou tamén que a candidatura completa que o acompaña presentarase oficialmente o vindeiro xoves 27 de abril nun acto que se celebrará no Pavillón Municipal de Deportes.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad