Redacción 20/04/2023

Alumnado do Ballet Folclórico Galego e da Escola de Danza Maite Quiñones ofrecerá unha actuación conxunta o venres 28 ás 19.00 h reivindicando a José Manuel Rey DE Viana no centenario do seu nacemento

As persoas interesadas en asistir deben anotarse no enderezo electrónico participa.cultura@depo.es

A Deputación volve sumarse á celebración do Día Internacional da Danza, que desde 1982 se conmemora o 29 de abril, cun grande espectáculo en plena Porta do Sol en Vigo que reivindicará esta arte e, de xeito especial, ao bailarín e coreógrafo José Manuel Rey de Viana, do que este 23 de abril se cumpre o centenario do seu nacemento. Rey de Viana foi fundador do ballet que levou o seu nome e o seu papel foi fundamental na conservación e na difusión do folclore tradicional, cunha pegada inesquecible na actual danza galega, portadora de vangarda e embaixadora deste valioso legado cultural. As coreografías deste referente estarán presentes no evento conxunto que o Ballet Folclórico Galego e aEscola de Danza Maite Quiñones ofreceráo venres 28, ás 19 horas. As persoas interesadas en asistir deben anotarse no enderezo electrónico participa.cultura@depo.es.

O Ballet Folclórico Galego, composto por alumnas e alumnos da Escola de Danza Vila de Baiona, a Agrupación Folclórica CEAR Castromao (Mondariz) e a Agrupación Folclórica Hai Que Roelo (Cuntis), todas dirixidas por Eduardo Alves dá Costa Lojo,ofrecerá neste espectáculo coreografías de José Manuel Rey de Viana. Está conformado por un corpo de baile de 36 persoas e outro de música tradicional de seis. Conta, nas súas actuacións, con reproducións de variado vestiario, baseado en modelos de diferentes bisbarras e épocas. As músicas son todas tradicionais, de mestres do país, sendo algunhas pezas orquestradas por Sinfónica ou Bandas de Música. Eduardo Alves Dá Costa Lojo, que foi bailarín titular do Ballet Galego Rey de Viana durante sete tempadas, dirixe o ballet dende 2007 e tamén desenvolve un importante labor de investigación etnográfica e de recolleita.

Pola súa banda a Escola de Danza Maite Quiñones, que arrancou en Cangas no ano 1990, actuará cun repertorio clásico e contemporáneo. A súa directora, Maite Quiñones, é graduada en Pedagoxía da danza clásica polo Conservatorio Superior María de Ávila de Madrid e profesora rexistrada na RoyalAcademyof Dance. No ano 2014, o Concello de Cangas recoñeceu o seu labor outorgándolle o premio Xohán de Cangas ás artes escénicas.A escola ten como materia principal a danza clásica e completa a súa oferta educativa con jazz musical e danza contemporánea. Ten feito colaboracións co Centro Coreográfico Galego, Ballet Imperial Ruso, Ballet Clásico Internacional, entre outras entidades e, na actualidade, o centro está no proceso de desenvolver una compañía propia. 

José Manuel Rey de Viana

O bailarín e coreógrafo homenaxeado nesta xornada, José Manuel Rey de Viana (1923-1995) impulsou en 1949 o ballet que leva o seu nome co obxectivo de crear en Galicia unha compañía coreográfica de danza á maneira das grandes do mundo. En unión con Vitoria Canedo, a súa esposa, máxima colaboradora e mestra de baile, propúxose como reto profesional a exaltación da danza de carácter e a dignificación dos bailes galegos. Comezou o seu traballo percorrendo Galicia e recuperando, con respecto ás características autóctonas daquelas danzas, lendas e tradicións nas que se reflectía o carácter do pobo galego; material que logo recrearía nas súas propias coreografías. Amais, realizou unha profunda investigación da indumentaria e o vestiario das distintas zonas de Galicia a través do tempo. O resultado foi unha coidada recuperación dos traxes de finais do século XVIII, de vivas cores, executados en seda e bordados con pedras de acibeche finamente traballadas.

A compañía realizou desde os anos 50 actuacións por toda España, Europa (París, Londres, Madrid, San Remo, Bruxelas, Dublín, Holanda) e América (Nova York, Bos Aires, México), e participou en festivais enVenecia, México ou Lorient, amais de actuar no Pavillón Español da Feira Mundial de Nova York durante tres meses. Froito deste traballo recolleu unha vintena de premios nacionais e internacionais ata o remate da súa actividade no 2005. Desde a súa fundación, pasaron pola escola do ballet máis de 1000 bailaríns, que hoxe en día desenvolven a súa labor artística en múltiples agrupacións profesionais e escolas de danza, mantendo vivo o seu legado.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad