Sabela Landín 18/04/2023

O espazo está ubicado na rúa Progreso, preto da zona comercial da vila

Xa está aberta ao público a nova zona de aparcamento gratuíto habilitada polo Concello do Porriño no centro urbano. Este aparcamento disuasorio está localizado na rúa Progreso e dada a súa extensión e localización, no futuro acollerá tamén eventos e actividades lúdicas e festivas.
Con este novo espazo, situado nunha área de gran afluencia ao estar preto da zona comercial da vila, xunto á zona peonil e a praza de abastos, o Concello suma no último ano 25.000 metros cadrados destinados a tal fin. Cabe destacar que se habilitaron varios aparcamentos disuasorios nos últimos meses, outro na rúa Progreso, dúas
parcelas na zona do instituto Pino Manso e do pavillón municipal e outras dúas na rúa Leandro Diz.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad