Redacción 12/04/2023

No novo centro atópase a historia dos 1.319 km da fronteira luso-española e dos seus 75 conxuntos de fortalezas distribuidas por Portugal e España

O Secretario de Estado do Turismo, Nuno Facenda, inaugura o Centro de Interpretación das Fortalezas Abaluartadas da Raia, o vindeiro sábado 15 de abril ás 15.00 h, no espazo do antigo Paiol do Açougue, na Fortaleza de Valença.

Antecede a inauguración unha parada militar de época, na praza da República, fronte aos Paços do Concello, ás 14.30 h seguida dun desfile militar de época polas rúas da zona histórica.

Para as 15.30 h está prevista a visita aos talleres temáticos de balística, armas de infantaria, farmacia e traxes de época, no Baluarte de San João onde todos os curiosos poderán ficar a saber máis e vivenciar como se preparaba a pólvora, disparado un canón, os coidados médicos da época ou as particularidades do fardamento.

No centro de interpretación o visitante encontrará a historia dos 1.319 km da fronteira que dá corpo á raia luso-española e dos seus 75 conxuntos de fortalezas, distribuidas por Portugal e España. Paneis, mapas, panel tátil, espolio arqueolóxico das escavacións realizadas na Fortaleza de Valença e até un cargamento do Regimento de Artillaría 4 de Valença, dan conta desta historia e da importancia e singularidade de Valença neste conxunto.

Este centro de interpretación estará integrado nunha ruta que incluirá, aínda, centros de interpretación, a abrir en breve en Almeida, Elvas e Marvão. A Ruta das Fortalezas Abaluartadas da Raia ten, como principal obxectivo, crear un produto de turismo cultural de ámbito nacional, asociado a unha candidatura de Patrimonio da Humanidade que está a decorrer en paralelo, creándose unha ruta con selo de Patrimonio Mundial da UNESCO.

Os catro municipios pretenden promover e valorizar o patrimonio militar dos séculos XVII e XVIII, representado a través destes catro sistemas defensivos máis representativos da liña de fronteira: a Praza-Forte de Almeida, a Fortaleza de Marvão, a Fortaleza de Valença, actuais demandantes a Patrimonio Mundial -coa candidatura das Fortalezas Abaluartadas da Raia, e a Cidade-Cuartel de Elvas e súas fortalezas, a cal está clasificada pola UNESCO desde 2012-.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad