Redacción 12/04/2023

Celebrarase o sábado 6 e o domingo 7 de maio na rúa Ordóñez e na praza de San Fernando

A XXV Feira de Artesanía de Tui, organizada polo Concello de Tui en colaboración coa Asociación Galega de Artesáns, celebrarase sábado 6 e o domingo 7 de maio -de 12.00 h a 21.00 h- cos obxectivos de promocionar e difundir a actividade artesá, apoiando a comercialización do produto artesán.

O Concello de Tui vén de abrir o prazo de solicitude dun dos corenta postos que se instalarán na rúa Ordóñez e na praza de San Fernando. As persoas interesadas deben cubrir o formulario dispoñible en tui.gal e enviar entre 4 e 6 fotografías dos seus produtos ao correo comercio@tui.gal até ás 14.00 h do martes 25 de abril.

Terán prioridade as solicitudes de persoas con razón social en Tui ou na comarca, así coma @s artesáns tradicionais populares. Amais valorarase a calidade, singularidade e carácter diferencial do produto, a variedade de oficios representados na feira, que sexa un obradoiro radicado en Galicia ou o ofrecemento da realización de obradoiros para o público. Na adxudicación dos postos evitarase que estean contiguos dous postos do mesmo oficio ou similar produtos. As bases completas desta convocatoria poden consultarse en tui.gal

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad