Mañá ás 19.00 h o Multiusos das Pozas acolle esta charla na que se ofrecerá información actualizada sobre este tipo de timos
O concello de Mos impartirá, mañá xoves día 13 de abril, unha charla informativa sobre os principais tipos de fraudes e estafas ás que se enfrontan os nosos maiores.
O Plan Maior Seguridade non só está dirixido ás persoas maiores, senón que ademais, presta información a profesionais e voluntariado que velan por eles, mellorando a calidade e os recursos cos que contan para a súa protección.
Esta charla de acceso libre celebrarase no Multiusos das Pozas da man da Guardia Civil de Mos, onde os asistentes tamén poderán resolver as súas dúbidas respecto a cómo se pode actuar neste tipo de situacións.