Sabela Landín 10/04/2023

A finais de abril entra en vigor o novo baremo, publicado no Boletín Oficial del Estado o 20 de outubro de 2022, para obter o recoñecemento do grao de discapacidade.

“A discapacidade orgánica é unha das máis invisibilizadas porque a enfermidade non se ve, e isto ocasiónalles maiores problemáticas ás persoas afectadas, como a falta de acceso e perda de dereitos”, explica Laura Quintas, coordinadora da área Sociosanitaria de COGAMI.

O 7 de abril conmemórase o Día Mundial do Paciente, data que COGAMI e a súa área Sociosanitaria, representada por 23 entidades que atenden diversas patoloxías, aproveitan para dar a coñecer a situación que viven as persoas con discapacidade orgánica, que adoitan ser persoas con enfermedades crónicas.

En moitas ocasións, os servizos de valoración de discapacidade non recoñecen oficialmente discapacidades orgánicas por carecer dun baremo de valoración equitativo, xusto e que cumpra cos criterios da Clasificación Internacional do Funcionamento, da Discapacidade e da Saúde (CIF). Por este motivo, e a pesar das severas limitacións que provocan, as persoas con discapacidade orgánica non poden ver recoñecidos todos os dereitos en igualdade de condicións que ás persoas con discapacidade en xeral.

A falta de información e visibilidade das discapacidades orgánicas, teñen como consecuencia situacións nas que non se recoñecen as limitacións que teñen estas persoas. Por iso, dende COGAMI lémbraselle á Xunta que a posta en marcha do novo baremo, previsto para finais de abril, supón o recoñecemento de dereitos para garantir o acceso a prestacións de vital importancia. “A discapacidade orgánica é unha das máis invisibilizadas porque a enfermidade non se ve, non se presenta dunha única forma e moitas das veces cursa por brotes, agrávase no paso do tempo ou a actividade da persoa. Todo isto ocasiónanos maiores problemáticas ás persoas afectadas, porque o que non se ve nin se escoita nin existe, non se recoñece nin se lle presta apoio para que exerza os seus dereitos en igualdade de condicións ao resto da cidadanía”, explica Laura Quintas, coordinadora da área Sociosanitaria de COGAMI.

O baremo do grao de discapacidade é a ferramenta que cualifica as dificultades que ten unha persoa cunha determinada condición ou enfermidade para desenvolverse en igualdade, permitíndolle a entrada a unha serie de dereitos establecidos a través do certificado de discapacidade, como acceso a servizos sociosanitarios, beneficios fiscais, no transporte, prestacións económicas, acceso ao emprego a través da reserva de prazas, axudas nos programas de aluguer de vivendas ou o bono social da electricidade

“O baremo actual quedou obsoleto e desfasado, non recolle enfermidades como as reumatolóxicas, as que cursan con brotes ou as que causan fatiga e dor, entre outras moitas”, explica Laura Quintas, quen engade que “por iso urxe que se active canto antes o novo baremo aprobado en outubro do 2022, despois de dez anos de grupos de traballo, cunha carencia de seis meses para que as comunidades autónomas se organizaran para o cambio de modelo de valoración”.

Ademais, o novo baremo supón un modelo adaptado á Convención sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade das Nacións Unidas porque contempla a interacción de cada persoa coa súa contorna e a prestación de apoios personalizados.

Por se se quere ampliar información, o baremo do grao de discapacidade regúlase a través do Real Decreto 1971/1999, de 23 de decembro, de procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grao de discapacidade: https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-2000-1546&b=4&tn=1&p=20000126#a2

Comisión Sociosanitaria

A comisión Sociosanitaria de COGAMI está formada por un grupo de 23 entidades

sociosanitarias que atenden máis de 4.000 persoas afectadas de patoloxías como: lupus, esclerose, fibromialxia e fatiga crónica, hemofilia e outras coagulopatías, enfermidades do ril, crohn e colite ulcerosa, enfermidades reumatolóxicas, persoas con amputacións, persoas con lesión medular, linfedema, párkinson e espondilite, ademais doutras entidades orientadas a atención temperá e infantil.

De todas estas patoloxías indicadas o 17.61% están recoñecidas como enfermidades raras ou pouco frecuentes. Tendo en conta o territorio de procedencia, COGAMI e as entidades membro contemplan máis de 553 puntos de atención en toda Galicia, onde ofrecen ademais de apoio e orientación en materia sanitaria, servizos de fisioterapia, terapia ocupacional, logopedia, atención psicolóxica, transporte hospitalario, vivendas de apoio de hospitalización, asistencia domiciliaria, etc.

CAMPAÑA #SOMOSCOGAMI

Dende COGAMI queremos dar visibilidade durante todo este ano 2023 a unha campaña de sensibilización sobre as necesidades que presentan as persoas con discapacidade e familias. É unha chamada á acción para visibilizar un grupo social que representa o 9% do total da poboación. No mes de abril, aproveitando que conmemora o Día Mundial do Paciente, impulsamos a correcta intervención sociosanitaria, para que as persoas con discapacidade orgánica poidan manter unha vida en igualdade de condicións ao resto da sociedade.

Acompañamos a nota cunha peza audiovisual que se pode ver neste enlace https://youtu.be/g6AoiqvModI

O resto dos meses, recollerán estas outras reivindicacións:

Maio. SOMOS FORMACIÓN: Impartimos cursos orientados ao emprego.

Xuño. SOMOS EMPREGO: Xeramos oportunidades laborais.

Xullo. SOMOS LECER: Fomentamos actividades inclusivas.

Agosto. SOMOS PRESENTE, SOMOS FUTURO: Atendemos ás necesidades da infancia e a xuventude.

Setembro. SOMOS ACCESIBILIDADE: Deseñamos contornas espazos para todas as persoas.

Outubro. SOMOS UNIÓN: Traballamos en rede co movemento asociativo.

Novembro. SOMOS VOLUNTARIADO: Animamos á colaboración social.

Decembro. SOMOS REIVINDICACIÓN: Contribuímos á participación social en igualdade.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad