Trátase dun dos 181 edificios que recibirán destes fondos para a súa rehabilitación e na resolución provisional publicada o pasado luns polo Mitma figura a concesión de 772.000 €
O Concello de Tui recibirá do PIREP Local 772.000 € para a rehabilitación do Teatro Principal.
Este é un dos 181 edificios públicos que recibirán fondos europeos de recuperación NextGenerationEU do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma) dentro da Liña 2 do Programa de Impulso á Rehabilitación de Edificios Públicos de titularidade local (Pirep Local) do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR).
En concreto o concello de Tui, segundo figura na resolución provisional, recibirá 772.293,00 €. O proxecto presentado polo Concello de Tui obtivo 64,25 puntos sobre 100, ocupando o posto 37 dos 181 subvencionados.
As actuacións financiadas deberán ser solventes técnica e financeiramente e estar efectivamente implantadas e en funcionamento antes do 31 de marzo de 2026.