Sabela Landín 04/04/2023

O deputado Luís Bará e a alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández, participaron no acto de presentación da lista celebrado na Sala Rebullón das Pedriñas.
Gustavo Barcia: “este equipo destaca polo seu inquebrantable compromiso cun proxecto que aspira a mellorar a calidade de vida da nosa veciñanza”.
Mellorar os servizos públicos, dar resposta á crecente demanda de vivenda ou ofrecer un trato equitativo a toda a veciñanza son algunhas das claves do proxecto

O candidato do BNG á alcaldía de Mos, Gustavo Barcia, xa desvelou o nome de todas as persoas que conforman a súa lista para as eleccións municipais. Un equipo, en palabras de Barcia, “preparado para gobernar e darlle un novo rumbo ao concello de Mos”. Realizou estas declaración no acto oficial de presentación da candidatura, celebrado na Sala
Rebullón das Pedriñas e no que participaron tamén o deputado no Parlamento Galego Luís Bará e a alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández. Na súa intervención, o actual portavoz nacionalista na corporación municipal expresou a súa vontade de “recuperar o Concello, non para o BNG senón para a xente” despois do 28 de maio. Aspira a “acadar o apoio maioritario da veciñanza” cunha lista paritaria na que figuran moitas caras novas xunto a persoas que xa
asumiron responsabilidades de goberno en mandatos anteriores.
Gustavo Barcia presentou ás 25 persoas que conforman a lista como “un equipo que destaca non só por ter un gran currículo, senón polo seu inquebrantable compromiso cun proxecto que aspira a mellorar a calidade de vida da veciñanza”. A lista está conformada por xente procedente de ámbitos profesionais diversos, dos movementos sociais e do tecido asociativo das distintas parroquias de Mos. Son persoas, segundo o candidato á alcaldía, que se
caracterizan “por ter esa ilusión que fai mudar o mundo, por combater a intolerancia e a inxustiza alí onde se produzan e por non renderse nunca”.
“Proxecto pensado por e para a xente”
O acto de presentación da candidatura serviu tamén para adiantar as principais liñas do programa de goberno do BNG de Mos para o mandato 2023-2027. Barcia explicou que se trata dun “proxecto pensado por e para a xente”, con propostas que son produto dos encontros abertos celebrados coa veciñanza de todas as parroquias e das reunións mantidas con asociacións veciñais, culturais, deportivas e sectoriais durante os últimos meses. O candidato á alcaldía
comprometeuse a traballar para mellorar os servizos públicos, protexer os sectores máis vulnerables da poboación e dar resposta ás demandas de vivenda e emprego de calidade para a mocidade de Mos. Defendeu, ademais, a necesidade de ofrecer un trato equitativo a todos os colectivos sociais e veciñais, “desterrando para sempre o caciquismo e os especuladores do Concello”. Concluíu reivindicando que “basta xa de fotos e propaganda barata, o orgullo de ser de Mos ten que ser por ter bos servizos e calidade de vida”.
Candidatura do BNG de Mos para as eleccións municipais de 2023

  1. Gustavo Barcia Seijo
  2. Sara Samartín Rodríguez
  3. Alberto Barreiro Ricón
  4. Esther Rúas Miguélez
  5. Carlos Villar Gutiérrez “Cao”
  6. Sara Lorenzo Costas
  7. Paco García Cobas
  8. Ana Bar Rodríguez
  9. David Otero Blanco “Pelu”
  10. Lia Aldea Moreira
  11. Oscar Rodríguez Campo
  12. Isabel Ramilo Rivero
  13. Diego Lago Alonso
  14. Mirian Cabaleiro Montes
  15. Pablo Novoa Bar
  16. Mari Carme Vila Blanco
  17. Miguel Aldea Moscoso
    SUPLENTES
  18. Fernando Gomes dos Santos
  19. Tania Jorge Santos
  20. Ramón Barcia Seijo
  21. Marta Moreira Fontán
  22. Diego López Pazo
  23. Lucia Samartín Rodriguez
  24. Cristina Represas Romero
  25. Xosé Carlos Cabaleiro Romero “Pescador”

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad