Redacción 03/04/2023

Grazas a incorporación de 5 axentes á plantilla fai un mes pode prestarse esta nova quenda nocturna e prevese a incorporación de dous axentes máis

Dende o pasado sábado 1 de abril, o municipio de Tui conta con vixilancia nocturna por parte da Policía Local. Dous axentes estarán na quenda de noite, que se recupera grazas á incorporación de cinco policías locais hai un mes, tras completar a súa formación durante un ano na Academia Galega de Seguridade Pública, AGASP.

Segundo explicaba o concelleiro de Seguridade, José Ramón Magán, a incorporación destes axentes permite novamente establecer tres quendas ao longo da xornada, ao contar cos efectivos necesarios. Deste xeito dous axentes prestarán o servizo de noite. Avanza José Ramón Magán, que están pendentes da incorporación de dous axentes máis para reforzar a plantilla da Policía Local, agardando o novo proceso selectivo que realice a AGASP.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, sinala que “deste xeito se recupera un servizo moi demandado pola veciñanza”, o que contribuirá a aumentar a seguridade no municipio.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad