Este xoves, 30 de marzo ás 20.00 h. na Praza do Concello
Os problemas na nosa Atención Primaria continúan e, lonxe de solucionarse tenden a cronificarse e a poñer en perigo os cimentos do dereito á Sanidade Pública universal e gratuíta:
Importante limitación de acceso aos Centros de Saúde.
Incentivación das consultas telefónicas.
Deterioro da relación médico-doente.
Listas de espera superiores á semana de media
Abandono dos programas para enfermos crónicos ou pediatría.
Desaparición da promoción, prevención e rehabilitación.
Aínda que a ampliación do noso centro de saúde vai agora a bo ritmo, non imos tragar con unha estratexia electoralista da Xunta do PP. O centro precisa e precisará recursos técnicos e sobre todo humanos suficientes, tanto para atención primaria como para un PAC que atende a máis de 40.000 persoas.