Sabela Landín 24/03/2023

Dende a Agrupación Socialista de Mos convidan a veciñanza  a participar nun acto aberto a veciñanza no que dan a coñecer os nomes da xente que integra a candidatura que se presenta nas vindeiras municipais, a presentación será o sábado 25 de marzo ás 19:30 horas no Multiusos As Pozas.

Victoria Alonso, actualmente voceira da agrupación socialista e que será a encargada de encabezar a lista, estará arroupada por David Regades, Secretario Xeral dos Socialistas de Pontevedra, por Valentín Fermoso, Secretario Xeral dos Socialistas de Galicia e por José Miñones, Delegado Territorial do Goberno en Galicia.

Dende a bancada socialista declaran que vai ser un acto no que se vai poder coñecer máis de cerca a toda a candidatura, polo que despois da presentación haberá un espazo lúdico no que poder falar e interactuar acompañados dun viño galego.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad