Sabela Landín 22/03/2023

O grupo municipal do BNG de Mos, ao abeiro do Regulamento orgánico municipal, presenta a seguinte moción para o seu debate e votación no Pleno municipal.

No ano 2016 o Xulgado de instrución e primeira instancia número 2 de O Porriño emitía unha sentenza pola cal concedía a titularidade de 27 hectáreas no polígono industrial en Monte Faquiña, que ata ese momento era xestionado polo Concello de Mos, á Comunidade de Montes de Tameiga coa obriga de manter os contratos de arrendamento en vigor firmados polas diferentes empresas. Sendo en 2018 cando isto entra en vigor.
Varios dos contratos de arrendamento do polígono industrial de Monte Faquiña remataban nos anos seguintes a 2018. Ao venceres estes contratos sería o novo propietario quen renegociase uns novos. A CM de Tameiga inicia negociacións coas empresas nesa situación ofrecendo unhas condicións propias do mercado industrial da contorna, isto supuxo que a maioría destas empresas actualizasen as rendas a prezo de mercado pois os contratos negociados polo Concello hai mais de 30 anos atrás tiñan unha condicións moi vantaxosas en canto ao prezo do arrendamento.
Inda que a maioría das empresas aceptaron as novas condicións algunhas rexeitaron os novos contratos. Tanto a CM de Tameiga como as empresas sinaladas alegan ter razón nas súas demandas. Os primeiros por que ofrecen prezos de mercado e os segundos por considerar as novas condicións excesivas e alegan que tiñan un compromiso por parte do goberno do concello, anterior propietario dos terreos, de que a actualización dos contratos sería en termos mais vantaxosos.
As empresas afectadas deciden acudir aos xulgados para reclamar que se manteñan as condicións prometidas polo concello e non as que ofrece a CM de Tameiga. O xulgado nº2 de O Porriño en primeira instancia dálle a razón ás empresas pero en segunda instancia A Sección nº 3 da Audiencia Provincial de Pontevedra dálle a razón á CM de Tameiga. E probablemente isto acabe no Tribunal Supremo.
A situación actualmente está enquistada entre as partes e iso é algo que en realidade non beneficia a ninguén. A CM de Tameiga ten dereito a actualizar os prezos dos arrendamentos de igual modo que as empresas afectas teñen dereito a non aceptar esas condicións e solicitar outras diferentes.
Dende o BNG de Mos entendemos que cando este dialogo entre as partes está estancado o concello ten a responsabilidade e o deber de facer unha labor de mediación para que se chegue a un entendemento que beneficie a todos e en consecuencia ao propio concello.
Polo exposto dende o BNG solicitamos o seguinte acordo plenario:

  1. A creación dunha mesa de dialogo a tres bandas que inclúa a Comunidade de Montes de Tameiga as empresas afectadas polo fin dos contratos de arrendamento de Monte Faquiña e o Concello que actuaría como mediador entre as partes.
  2. A creación dunha comisión de seguimento municipal da mesa de dialogo na cal participen todos os grupos políticos con representación municipal, onde se dea conta das conversas, así mesmo poida aportar ideas para favorecer o dialogo.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad