Durante as vacacións de Semana Santa dos escolares retiraranse dous depósitos de combustible do lugar onde se atopará o novo comedor, que comezará a construirse no verán
No día no que remata o prazo de matriculación escolar, o Concello do Porriño anuncia que o CEIP Xosé Fernández López ofrecerá no vindeiro curso 23/24 o servizo de comedor escolar.
Trátase dunha das principais demandas do centro educativo que ata o de agora non contaba con este nin outros recursos de conciliación. Outra demanda ven antiga é un novo Fernández López, xa que o colexio data dos primeiros anos da década dos 70, e que xa no ano 2015 foi levado a Pleno nunha moción socialista dirixida á Xunta de Galicia.
O Concello do Porriño iniciará as obras de acondicionamento da zona onde se ubicará o futuro comedor no período non lectivo de Semana Santa, retirando dous depósitos de combustible que se instalarán nunha zona máis segura do recinto. Durante as vacacións estivais construiranse as instalacións do novo comedor.
Procederase tamén dende o Concello á substitución do valado perimetral na zona traseira do recinto, xa que o actual atopase en moi mal estado e supón un risco para o alumnado. As obras de acondicionamento inclúen tamén a reparación da cuberta do pavillón deportivo, que presenta problemas de illamento; e xa está proxectada tamén a creación dunha zona verde de xogo infantil.
Neste curso 2022-2023, dende o Concello do Porriño e a Xunta de Galicia leváronse a cabo varias melloras no Xosé Fernández López: instalación dunha pista multideportiva, acondicionamento do patio cuberto, mellora dos vestiarios do ximnasio e a renovación das luminarias do centro.
Semella que, con tanto parche, a histórica demanda dun novo colexio Fernández López construído fai xa medio século, aínda terá que seguir agardando.