Redacción 17/03/2023

Diferentes variedades de Camelia e produtos derivados da mesma danse cita este sábado e domingo no Auditorio Municipal e na Casa do Concello

O Concello de Salceda de Caselas presentou esta mañá as XIV Xornadas da Camelia, que se celebrarános vindeiros 18 e 19 de marzo. Na mostra participarán máis de 60 expositores chegados de toda a xeografía galega e do norte de Portugal, que amosarán centos de variedades desta flor ornamental de orixe oriental, que se estenderán ao longo de máis de 120 metros de exposición, ubicada no Auditorio Municipal e na Casa do Concello.

Lucía Pereira, Concelleira de Turismo e encargada da xestión da mostra, agradeceu especialmente o traballo de Antonio Rivero e da Asociación de Xubilados e Pensionistas de Salceda, pois sen a súa axuda sería imposible levar a cabo a mostra.

Ademais do protagonismo desta flor oriental, a mostra conta con diversos actos de programación cultural complementaria, como a actuación de Fernando Barroso e Margarida Mariño o sábado ás 16:30 h no acto inaugural, que contará coa presenza dos expositores, organizadores e colaboradores.

Ademais das diferentes variedades de flor que se poderán ver en Salceda, poderanse coñecer tamén outros produtos derivados da camelia, tales como marmelada, te, madeira ou aceite, que estarán presentes grazas á Estación Fitopatolóxica do Areeiro, que realiza unha labor fundamental no estudo e difusión das diferentes posibilidades que ofrece esta flor, e que cada ano ven participando na mostra de Salceda de Caselas.

A concelleira de Turismo, Lucía Pereira, anima a visitar durante a fin de semana Salceda “a todas as persoas que queiran gozar da camelia nun dos eventos máis importantes do ano e que nas últimas edicións contou con máis de 2.500 persoas visitantes”.

A alcaldesa de Salceda, Verónica Tourón, subliña “a importancia desta nova edición das Xornadas da Camelia, xa que ano tras ano van crecendo e poñendo a Salceda como un referente importante dentro dos numerosos eventos de promoción da Camelia que se celebran anualmente, na contorna xeográfica das Rías Baixas e da provincia de Pontevedra en xeral”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad