Sabela Landín 17/03/2023

O cartel provisional incorpora un total de 17 nomes, entre grupos e dj´s, que actuarán entre o 25 e o 26 de agosto en Vilar de Mato, Cuntis (Pontevedra).

A organización segue na liña de apostar por grupos emerxentes con gran recorrido, ao igual que fixo no pasado coas Tanxugueiras ou The Rapants.

Os abonos, á venta na web oficial http://arevoltadoumia.gal, inclúen dereito a acampada e asistencia ás actividades gratuítas durante os dous días do festival.

O festival A Revolta do Umia ven de anunciar oficialmente o cartel provisional da súa VI edición. Na nómina de bandas confirmadas inclúense a Ortiga, Monoulious Dop, Loita Amada, Eladio y los seres queridos, Mundo prestigio, Fillas de Casandra, Solar Corona, Aphonnic, Igloo, Dani, Gator the Alligator, Dharmacide, Copa turbo, Duendeneta e Xaby dj.
Entre as bandas que formarán parte da cita musical haberá representación local coas bandas Pants Off, da Estrada, e Bellvitge, que conta con membros da localidade cuntiense.
Unha vez máis o festival aposta pola pluralidade e a diversidade de estilos, que van desde o rock, o punk-rock ou o shoegaze, ata a cumbia, a electrónica ou o metal alternativo.
Entre as múltiples novidades e sorpresas que prepara a organización, a sesión vermú deste ano contará co concerto de dúas bandas, e a continuación sesión dj de Duendeneta.
Adicionalmente, este ano, como novidade, a organización decidiu apostar por recuperar o formato físico de entradas, que estarán dispoñibles en varios locais da comunidade.
Os abonos poden adquirirse na web oficial do festival http://arevoltadoumia.gal. Cervezas Alhambra patrocina este evento en liña co seu compromiso por apoiar todas aquelas iniciativas que invitan a descubrir as súas cervexas, coa mellor banda sonora de fondo.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad