David Alonso comeza a avanzar algún dos pratos fortes do seu menú electoral cun complexo de piscinas biosaudables e de lecer para @s porriñeses en Torneiros
O candidato socialista do Porriño para as Eleccións Municipais 2023, David Alonso Bargiela, comezou a desgranar parte do seu programa electoral con propostas para facer fronte ás necesidades do municipio. Entre elas destacou a aposta pola mellora da calidade de vida de Porriño, as súas parroquias e o espazo urbano de Torneiros.
Neste senso, Alonso avanzou que propondrá a creación de “AquaLouro”, “un proxecto de construción dunha nova piscina municipal en Torneiros, no barrio da Relva. Será unha piscina pública con teito retractil e accesible para personas de todas las idades, concebido como un espazo para o lecer e a saúde. Un proxecto pensado para o deporte, a saúde e tamén para os máis novos, con espazos de lecer”. O candidato socialista avanzou que, o anteproxecto do que dispón o PSOE, está valorado en preto de 2 M€ e que xa traballa en buscar fontes de financiación para poder levala a cabo. “Temos clara a mellor ubicación desta instalación en Torneiros. O barrio da Relva é unha zona bastante accesible para os demáis porriñeses das parroquias”.
Alonso adiantou que “a piscina contará cunha tecnoloxía avanzada de purificación de agua sen cloro, mediante bromo, máis amigable co medio ambiente. Aqualouro está deseñada para ser accesible para todos, incluíndo persoas con discapacidades físicas e movilidade reducida, mediante rampas de acceso, asentos elevados e outros dispositivos de asistencia, así como tratamentos de hidroterapia e rehabilitación física. Servizos para aqueles que buscan mellorar a súa saúde e benestar a través da agua”.
Ademáis de para o deporte ou a saúde, o proxeto contempla un teito retractil “para poder ser usada a ceo aberto en verán, polo que será un punto de encontro dos máis xóvenes” indica o candidato socialista. Os máis cativos, tamén contarán cun espazo de lecer en Aqualouro, con zonas verdes de esparcemento e zona infantil de xogos. A xente nova do Porriño ten poucas alternativas, e é preciso dotarnos de espazos para que @s nosos mozo@s, poidan ter un espazo de lecer sen ter que desprazarse”.
David Alonso afirmou que, con esta proposta “os socialistas queren ampliar a oferta de actividades e de puntos de deporte, lecer e saúde nun mesmo espazo, Torneiros, que precisa mais infraestructuras para poder equipararse ao centro urbán, como a mellora integral do mantemento e a instalación de novas espazos como AquaLouro.
David Alonso rematou afirmando que “os socialistas traballan nun programa electoral pensado para os porriñeses, que presentarán nun acto aberto para dar a coñecer as propostas para os seus veciños de cara as vindeiras eleccións municipais”.