Trátase do murciano Rubén Lucas García que participou cun diseño que recolle os valores e significado das festas. O cartaz gañador xunto aos otros 11 participantes pódense contemplar no Anexo da Sala Municipal de Exposicións
As festas de San Telmo xa teñen cartaz anunciador, sendo o realizado por Rubén Lucas García o que gañou o concurso convocado polo Concello de Tui para ser a imaxe das festas locais.
Na obra deste deseñador de Murcia, o xurado valorou a calidade técnica e conceptual da proposta gañadora, así coma o feito de recoller no deseño os valores e significado das festas, reflectindo o carácter festivo. A obra gañadora recibirá un premio de 700 €.
Un total de 12 traballos foron presentados ao concurso de carteis convocado polo Concello para a elección da imaxe anunciadora das festas patronais de San Telmo 2023.
O conxunto dos carteis presentados a concurso pódense visitar até o martes 1 de abril na exposición situada no Anexo da Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui, no edificio Francisco Sánchez.
As festas de San Telmo, declaradas de interese turístico galego, vanse celebrar do 8 ao 17 de abril.