Sthela Táboas 14/03/2023

Terxiversar a realidade estase a coverter nunha estratexia cotiá nas comunicacións do Concello do Porriño tanto nas notas de prensa coma nas RRSS institucionais, de xeito que xa conta cun expediente aberto na Valedora do Pobo

A organización do Festival de Cans fixo un comunidado na súa páxina de Facebook, no que desminte a publicación que hoxe fai o Concello do Porriño nun medio, na que informan “se duplica a súa axuda ó Festival de Cans”.

O motivo de tal malestar é que nunha nota de prensa aos medios, transmitida pola persoa de confianza reponsable da Comunicación do Concello do Porriño, Cristina Atanes Andrés, anunciaba que “No caso da AC Arela, organizadora do Festival de Cans, a axuda municipal incrementarase en 25.000 euros para que poidan facer fronte aos gastos derivados da organización do certame. A actual dotación económica na aplicación orzamentaria é de 20.000 euros e con este incremento alcanzará os 45.000 euros”.

Desde a organización do Festival de Cans “queremos manifestar públicamente que estes datos non se corresponden coa realidade. As cantidades que concede o Concello a eventos e asociación, son públicas, como debe ser. Desde o ano 2020, o Festival de Cans viña recibindo 40.000 €, que se ratificaron nun pleno no ano 2021, como se pode ler nesta noticia. https://www.farodevigo.es/comarcas/2021/08/01/porrino-duplica-aportacion-festival-cine-55738777.html Esta semana o pleno revisou a cantidade, que non se incrementara en 3 anos, e aprobou un aumento de 5.000 €; pero en ningún caso duplicou a cantidade, nin ó Festival de Cans se lle ocurriría solicitar tal incremento”.

O certo é que, como veñen dicindo dende o Festival de Cans, xa dende o ano 2020 a organización viña percibindo a cuantía de 40.000 €; cantidade implementada naquel intre polo goberno socialista, presidido por Eva García de la Torre e ratificado posteriormente en Pleno.

Aos contínuos desmentidos públicos dos grupos da oposición do Porriño, súmase agora o de esta asociación de recoñecido traballo en prol da cultura.

Apertura de expediente por Valedora do Pobo

O pasado 27 de decembro, por parte de este medio, presentouse por rexistro electrónico ao Concello do Porriño a queixa na que se trataba de información falsa aa publicada por PorriñoDigital, en referencia ao sinistro dun vehículo de renting SEAT ATECA, que presuntamente se entregara á concesionaria, cando o conducía un oficial de la Policía Local.

Neste escrito solicitamos desculpas públicas por parte do Concello de O Porriño e do seu gabinete de comunicación, así como a remisión de conductas impropias e discriminatorias co noso medio. Este documento, acompañado dos que acreditan a veracidade da nova publicada, foron transmitidos ao Defensor do Pobo Español e á Valedora do Pobo, sendo esta última quen notificou o pasado mes de febreiro ao noso medio, que  aperturaba expediente tras ser admitida, unha vez examinada a nosa queixa.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad