Sthela Táboas 12/03/2023

Ás 09.00 h sairán dende Valença para realizar un percorrido polas dúas cidades con dúas distancias 40 e 73 km con subidas ao monte Aloia e ao Monte Faro

Hoxe celébrase a décima edición da BTT Eurocidade Tui-Valença, organizada pola Peña Ciclista Biciosos Rías Baixas, coa colaboración do concello de Tui e a Cámara de Valença.

Trátase dunha das probas máis multitudinarias do calendario deportivo que elaboran conxuntamente ambas cidades. Preto de mil ciclistas tomarán a saída na piscina municipal de Valença ás 9 da mañá, hora española, para de seguido cruzar a vella Ponte Internacional de Tui, percorrer o conxunto histórico de Tui, subir ao Monte Aloia e volver cruzar pola vella Ponte Internacional de Tui. Aqueles que cheguen a este punto antes das 12.30 h, poderán continuar coa proba longa que os levará até o Monte Faro completando así unha distancia de 73 km. Tanto para estes coma para os que opten pola distinta curta de 40 km, a liña de meta estará na Fortaleza de Valença.

A proba ten coma obxectivo ensinar moitos lugares descoñecidos e as principais sinais de identidade das dúas cidades a ambos lados do río Miño.

Haberá agasallos para todos os ciclistas, avituallamentos, porco ao espeto, animación en carreira e tamén dúas exhibicións de biketrail a cargo de Marcos Avendaño. A primeira tivo lugar onte ás 17.30h no Paseo da Corredoira, coincidindo co momento de recollida dos dorsais dos corredores. A segunda será na liña de meta da proba hoxe entre ás 12.30h e as 14h.  

De xeito paralelo haberá unha andaina organizada polo Club Deportivo Andatui Rego da Pedra.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad