Elixida por unanimidade en Esquerda Unida e ratificada por EU SON
Patricia Sío Bacelo encabezará a candidatura de EU SON. Reitera o compromiso da súa toma de posesión como concelleira.”Exercer o cargo por e para un Porriño para a clase traballadora, feminista e reconciliado co medioambiente. Un Porriño que honre a memoria de quen padeceu o franquismo, sen equidistancias. Traballar por un concello transparente e participativo e que, sen escusas, sexa a voz de todos os veciños e veciñas na defensa dos seus dereitos diante do resto das institucións.”
EU SON é máis necesario que nunca no goberno municipal. Quedou acreditado ao longo desta lexislatura que as mesmas políticas de sempre non melloran a vida da veciñanza. Precisamos coidar o máis próximo garantido os servizos público e iso só se consegue con principios, capacidade e ganas.
Pedro Ocampo, coordinador de Esquerda Unida do Porriño. “Non podo máis que trasladar a satisfacción e tranquilidade que dá que unha muller coma Patricia Sío Bacelo sexa a nosa candidata no Porriño. Valoramos a súa valentía e traballo e o compromiso coas ideas e valores da esquerda real.; feminismo e conciencia de clase; indubitable coraxe e firmeza ética fronte á corrupción e as malas praxis da política municipal. Apoiamos o seu sentido do ben público e a súa intelixencia e claridade de ideas. Todo o noso apoio e esforzo para que a súa proposta chegue á veciñanza do Porriño e poidamos, dunha vez, transformar o Concello e convertilo na Casa de todas as veciñas e veciños”.
Presentaremos nas vindeiras semanas ás compañeiras e compañeiros que conformarán a candidatura, persoas dispostas a demostrar que hai outro xeito de facer as cousas.